Colexio Plurilingüe Divina Pastora, Ourense

Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor

«  
  »
L M M J V S D
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
 
 
  • 23
    Mayo
    2013

    Ás 18.45 hs. Imposición de Insignias no Salón de Actos ao alumnado de 2º de Bacharelato. A continuación ágape (cortesía do A.N.P.A)

  • 31
    Mayo
    2013

    Inclue exhibición de extraescolares (prebaile, patinaxe, baile moderno, percusión, teatro) Eucaristía, merenda con inchables, verbena e playbacks.

A.N.P.A.

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (A.N.P.A.).

 
 
          Os pais dos alumnos deste colexio están asociados e a súa finalidade e funcións están contempladas nos seus propios estatutos.
·        Presidente:          Antonio Ferro Rodríguez
·        Vicepresidente: Elena López González
·        Tesoureiro:        Carlos Álvarez González
·        Vicetesoureira: Margarita Ofelia Sobrado Gómez
·        Secretaria:           Mª José Outeiriño Boán
·        Vicesecretaria: Beatriz González Méndez
·         Vocais:              
- Eva García Salgado               - Elias Salgado Cordero
- Mª Amelia Pérez Suárez       - Lidya Giselle Almonte
- Mª José Acuña Guzmán       - Rosa Mª Vázquez Vázquez
- Javier Louzao Garrido           - José Luis Osorio Calles
- Julia Pousa Nogueiras
      
Desde a Asociación de pais e nais do colexio queremos darlles a benvida a todas as familias que formades parte da ANPA e a todos os que integrades a comunidade educativa: pais, nais, profesores, alumnos e persoal do centro.
Todos os membros da Xunta de Goberno traballamos co obxectivo de favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, porque a educación é tarefa de todos nós: pais, nais e colexio. Por iso, a Asociación cumpre unha importante función dentro desta comunidade apoiando ao centro naquilo que nos solicita, exercendo de ponte entra as familias da Asociación e o centro e co fin de conseguir un colexio mellor para os nosos fillos e fillas.
Para acadar estes obxectivos é polo que, coa vosa colaboración, pretendemos canalizar as vosas suxestións e contribuír a detectar posibles problemas ou debilidades dos servizos ofrecidos por empresas externas, supervisar a calidade das actividades extra escolares, etc..
Así mesmo, entre as nosas tarefas, destacamos a nosa colaboración co centro na organización das celebracións que teñen lugar ao longo do curso académico, co noso traballo e axuda económica:
-          Xogos Florais, a Asociación contribúe todos os anos na organización dos Xogos Florais financiando a decoración, flores e premios (placas conmemorativas).
-          Entrega de insignias, a Asociación contribúe todos os anos na organización do acto de entrega de insignias aos alumnos que finalizan o bacharelato no colexio, participando no acto e organizando o ágape de confraternización que se celebra ao finalizar aquel.
-          Xornadas temáticas do mes de febreiro, a Asociación contribúe bianualmente na organización destas xornadas coa decoración floral e a organización dos aperitivos para os participantes e relatores.
-          Actividades extraescolares, a Asociación contribúe, todos os anos, ao financiamento destas actividades cunha cantidade económica que sufraga en parte os gastos destas.
-          Revista Lúa: colaboramos na edición da revista coa nosa achega económica.
-          Colaboramos con todas aquelas actividades que o Equipo de Dinamización Lingüística realiza dentro e fóra do centro.
-          Apoiamos a actividade teatral do colexio.
 
Por outro lado, tamén organizamos actividades propias, entre as que destacan a visita dos Reis Magos ao centro, con agasallos para todos os alumnos. E a Merenda de convivencia nas Festas do colexio, organizada e cofinanciada pola Asociación, xuntamente coa recadación das entradas que se poñen á venda. Tamén estamos representados no Consello Escolar (Órgano de Goberno con representación de profesores, pais, alumnos e titularidade do centro). Os nosos estatutos poden ser consultados na páxina web da asociación www.anpafranciscanasourense.com, onde sempre encontraredes información actualizada da Asociación e todas as súa actividades. Agradecemos calquera suxestión ou comentario que poidades facernos chegar en calquera momento, ben escribindo ao noso correo electrónico ou ben deixando a carta na caixa de correos que temos xunto á Secretaría. Todos os membros desta Xunta Directiva estaremos encantados de informarvos consonte calquera aspecto relacionado coa nosa Asociación.
 
             A Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación terá lugar en outubro.

logotipo colegio divina pastora orense

Logo plurilingüismo

Logo Lua Dixital

 

Correo corporativo anamogas.org

 Global Educa, plataforma educativa  Global Educa, plataforma educativa  Global Educa, plataforma educativa  Global Educa, plataforma educativa  Global Educa, plataforma educativa    Revista colegial Lua Digital

Logo Aenor 

 

 

 

Colegio Plurilingüe Divina Pastora - C. Cardenal Quevedo  Nº 27  C.P. 32004 Ourense Telf. 988 232232 e-mail: dpastorao@planalfa.es