Dende o Equipo de Pastoral do Colexio Plurilingüe Divina Pastora realízanse todos os anos un gran número de actividades solidarias e de sensibilización de apoio aos máis necesitados, xa sexa dende a nosa Fundación LADESOL (LAzos DE SOLidaridad) ou en colaboración con outras organizacións e ONGs.

 

Este ano os equipos de Franciscanas que compoñen: Rede de Centros Escolares Solidarios, Pastoral, Voluntariado miúdo: Móvete! e Ecovixiantes do Divina Pastora, comprometidos coa sostenibilidade social e medioambiental, poñen en marcha as siguintes actividades:

 

  • OPERACIÓN KILO

Como cada ano recolleremos alimentos, exclusivamente, para tódalas aquelas familias desfavorecidas que o están realmente pasando mal. Esta actividade realízase en colaboración con Cáritas, que é a responsable de facer o reparto dos alimentos ás familias. Tódolos alimentos que poidades facilitarnos recolleranse ata o día 20 de decembro, xa que o día seguinte farase a entrega a Cáritas.
Alimentos preferentes: Infantil (libre); 1º e 2º EP (legumes); 3º e 4º EP (pasta e arroz), 5º e 6º EP (conservas), ESO e Bacharelato (libre). Os alimentos almacenaranse no recibidor 1-

 

  • RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO: 

Tamén recolleremos roupa e calzado en bo estado que será doado a Cáritas

 

  • PROXECTO RE-CHUPETE.


Como novidade o ano pasado participamos no proxecto Re-chupete, en colaboración coa Asociación RedMadre. Tralo éxito acadado, este ano repetiremos a campaña recollendo enseres de todo tipo para bebés co fin de entregarllos posteriormente a nais que o precisen.

 

Esperamos a vosa participación

Moitas grazas!