Consulta as bases do concurso de tarxetas de Nadal da ANPA:

  1. Poderán participar todos os alumnos/as do colexio cuxos pais sexan socios da ANPA.
  2. Os cursos de E. Infantil levarán un agasallo para toda a clase pola súa participación.
  3. Dende o 1o curso en adiante concederase un premio por aula.
  4. O premio especial do colexio para a súa publicación nas postais de felicitación do centro precisa do voto favorable do director.
  5. Valorarase na selección a calidade artística do debuxo, así como o contido relixioso da mensaxe; todo en relación coa idade do participante da postal presentada.
  6. Otorgaranse outros cinco premios especiais por ciclo en primaria y ESO. Premiarase a orixinalidade das postais.
  7. Non poderán recaer dous premios na mesma postal.
  8. O tamaño axustarase á tarxeta oficial entregada polo centro.
  9. Os datos do autor/a figurarán sen ningunha corrección na parte posterior da devandita tarxeta.
  10. O xurado estará constituido por:
    1. Un representante do Equipo Directivo do centro
    2. Un profesor seleccionado polo Equipo de Pastoral
    3. Dous representantes da ANPA
    4. Entre todo o conxunto de tarxetas premiadas escolleranse as que representen ao centro no concurso da cidade de Ourense, convocado pola Federación de ANPAs de Colexios Privados-Concertados.

        Data límite de entrega de tarxetas: luns, 11 de decembro