O día 7 de xuño, publicouse no DOG a Orde do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016-2017.

No artigo 4 de dita orde establécese que:

  • 1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 8 de xuño de 2017. Prazo de presentación de solicitudes:  08/06/2017 - 07/07/2017
  • 2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ,

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Nota: Os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no parágrafo anterior,os centros non deben recoller ningunha solicitude.

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ().

No artigo 8 de dita orde establécese que:

  • Os centros educativos enviarán á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 2, 1.º andar,15781 Santiago de Compostela os documentos que a seguir se relacionan:
    • 1. Certificación académica dos estudos de educación secundaria obrigatoria (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de  educación secundaria obrigatoria recollido na base de datos da aplicación XADE),onde se reflicta a cualificación final media á que se refire o artigo 3.3, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da director/a do centro en que se atope o expediente académico.
    • 2. Documento xustificativo da transferencia de datos, que se descargará da aplicación informática  , asinado pola dirección do centro en que está o expediente académico do alumno ou da alumna solicitante.