PROCESO DE MATRICULACIÓN

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG, 26/12/2012). Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG 15/03/2013)


DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018

 

Descargue o Anexo II “Documento de solicitude de admisión”, pode cubrilo no ordenador e entregalo por duplicado na Secretaría do 1 ao 20 de MARZO.


O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na Secretaría do Colexio e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» () e na páxina web da consellería competente en materia de educación.


As solicitudes de admisión, presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «».

Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado.

 


Esta solicitude será única e terá carácter vinculante (Artigo 14.2).
Débense cubrir todos os datos.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores. (Artigo 14.4)

 

Segundo a lexislación vixente as familias deben ter en conta que:

 

 

  1. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advírtese que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

En caso de ser necesario o proceso de baremación, por motivos de recibir máis solicitudes que vacantes, o Centro solicitará ás familias a documentación que acredite os puntos previamente declarados na solicitude.
Os criterios de baremación mantéñense os mesmos do curso pasado, pendentes da publicación do IPREM.

Datas provisionais a falta de publicación por parte da Xunta de Galicia.

Calendario de publicación das listaxes e matriculación:

  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Reclamación das listaxes provisionais en Secretaría do Centro: 5 días a partir da publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas: antes do 15 de Maio
  • Reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial:  un mes a partir da notificación.
  • Reunión coas familias de alumnos/as admitidos. Entrega de documentación: DATA A DETERMINAR
  • Formalización de matricula en EI e EP: do 20 ao 30 de xuño
  • Formalización de matricula en ESO e BACH: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • Prazo extraordinario de matricula en ESO e BACH Do 1 ao 10 de setembro
  • Reunión coas familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos): DATA A DETERMINAR

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas Ourense está adscrito ao IES As Lagoas.


Para o  alumnado de 4º da ESO que desexe cambiar e estudar bacharelato no IES As Lagoas e exercer o seu dereito preferente de adscrición: a reserva de praza no IES As LAgoas deberase presentar no centro de orixe ou a través da aplicación «admisionalumnado» o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I desta orde. O prazo de presentación estará comprendido entre os días 1 e 15 de febreiro de cada ano.

 


Así mesmo, o alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante
 

En caso de necesidade de baremar por ter máis demanda que prazas vacantes a puntuación por domicilio ou lugar de traballo farase en relación á esta área de influencia:

  • Área de Influencia:

Perímetro comprendido por: Avenida Ribeira Sacra desde os límites do termo municipal ata Ponte Nova (Ponte Loña, As Lagoas…). Avenida de Marín e Euloxio Gómez Franqueira ata o enlace coa N-120 (A Ponte, Quintián). N-120 ata Glorieta do Couto. Rúa Ervedelo, continuación por Rúa Faustino Santalices ata cruzamento coa Rúa Francisco Moure. Francisco Moure ata praza do Couto. Avenida de Portugal ata Rúa Marcelo Macías. Marcelo Macías ata rúa Ponte Codesal, esta ata rúa Domingo Fontán e esta ata rúa da Coruña. Rúa A Coruña, Rúa Pena Trevinca, estrada da Granxa ata cruzamento coa Rúa Serra Martiñá. Rúa Serra Martiñá ata fin de municipio pola Vía férrea (Penarredonda, Peza, Porteliña…)
Todas estas rúas e as rúas interiores dentro deste perímetro.

  • Área limítrofe:

Resto do municipio de Ourense.