Este Nadal imos desenvolver unha vez máis o proxecto educativo: O MEU COLE ABRE EN... NADAL consistente en actividades de lecer e tempo libre abertas á participación dos escolares de INFANTIL e PRIMARIA.

  • HORARIO: 10:00 a 14:00 horas. (acollida temperá ás 08.00 h) 
  • DATAS: 22, 26, 27, 28 e 29de decembro de 2017 e 2, 3, 4, 5 de xaneiro de 2018.
  • PREZO: 70€ actividade / 20€ acollida temperá / 50€ comedor
  • Día solto: 10€ actividade / 4€ acollida temperá / 8€comedor (Só no caso de levarse a cabo a actividade)
  • INSCRICIÓN: En Secretaría ata o 18 de decembro de 2017.
  • Por organización o prazo é improrrogable

Para que a actividade se desenvolva ten que haber un mínimo de 15 matriculados. Informarase na páxina web o día 19 de decembro.

 

Os escolares poderán asistir ás actividades os días e ás horas que o desexen, dentro do horario habilitado, accedendo ó Centro por Cardenal Quevedo.