O vindeiro xoves 14 de xuño ás 19.30h terá lugar no Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense a presentación do “Diploma Bachillerato Dual Internacional”. O acto terá lugar na sala de audiovisuais da planta baixa.


Na misión de afondar e potenciar o multilingüismo desde o Colexio, realizamos un convenio coa “Academia Corporation”, unha das maiores e principais institucións escolares e educativas Estadounidenses que conta con máis de 150 colexios nos Estados Unidos de Norteamérica.


Mediante este convenio implementamos para os alumnos desde 2º ESO un novo programa extra-escolar de Doble Titulación do Bacharelato Español e Estadounidense.


Grazas a este programa os nosos alumnos desde 2º , 3º e 4º ESO poderán estar matriculados no noso Colexio e simultáneamente nun High School nos EEUU, cursando ambos estudos ao mesmo tempo.


O programa realízase OnLine. Os alumnos deberán cursar un total de 6 créditos Estadounidenses que xunto coa convalidación dos seus estudos no colexio faralles lograr ademáis da titulación do Bacharelato Español, a titulación Estadounidense de “High School”.


Son moitas as vantaxes que aporta o programa “Diploma Bachillerato Dual Internacional” aos alumnos.


Agardámolos para explicarlles todo o referente a dito programa.