O próximo luns 23 de abril, o noso Centro celebrará o Día Mundial do Libro dun xeito moi especial.


O acto comezará cun maratón de lectura con acompañamento musical e no cal todos os alumnos e alumnas do colexio lerán textos en galego, castelán e inglés dende o balaústre da fachada principal (Cardenal Quevedo).


A continuación (11.15) procederase á lectura do 3ºManifesto poético VERBAS NO AIRE o cal estades todos convidados.


Agardamos que toda a comunidade poida gozar dunha xornada cultural e entretida.