Últimas Noticias arrow Pastoral
 
Pastoral
Proxecto Solidario Imprimir E-Mail

 PROXECTO SOLIDARIO 2010

Nesta edición os cartos recaudados van rumbo a Angola, paísangol002 africano moi necesitado de cubrir as súas carencias máis básicas. Os nosos proxectos son:

  • Apoiar a nenos de familias sen recursos económicos cunha hospitalización prolongada. Presuposto: 800 €
  • Axudar a nenos, con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, portadores de diabetes xuvenil (insulinodependentes) que precisan de control diario de glucemia. Presuposto: 1.460 €
  • Apoiar a nais de nenos malnutridos, hospitalizados no Centro Nutricional Terapéutico, que veñen de provincias do interior e sen recursos económicos para a súa alimentación básica. Presuposto: 1.000 €
  • Inculcar á poboación da importancia das técnicas e os métodos a utilizar para impedir a aparición da malaria. Así como sensibilizar para ter o espírito de equipo e comunitario na loita contra esta enfermidade, a través da eliminación de pozas e lixo na rúa. Presuposto: 1.500 €

O total dos proxectos elixidos é: 4.760 €

S.O.S. HAITÍ

Unha parte do Proxecto deste ano irá destinada a axudar ás vítimas do terremoto ocorrido en Haití hai unhas semanas. 

 

 
Educadores ANAMO Imprimir E-Mail

 

 

 

 

Os educadores ANAMO do curso 2010/2011 daranse a coñecer a principios do próximo curso.

Leer más...
 
Anamo Imprimir E-Mail

 

  1. OBXECTIVOS

 

  • Formar tanto a educadores/as ANAMO coma a nenos compoñentes deste grupo na vivenza da fe desde a vertente de San Francisco e Mª Ana.
  • Orientar cara a colaboración e axuda dentro e fóra do grupo, particularmente no ámbito familiar e na sociedade que os rodea.
  • Axudar a medrar tanto a educadores/as coma nenos e nenas de grupos ANAMO fomentando aqueles valores defendidos polo noso modelo a seguir: Xesús, San Francisco e Mª Ana (solidariedade, tolerancia, xustiza, paz, responsabilidade,..)

 

Leer más...
 
Asesor Relixioso Imprimir E-Mail

Obxectivos:

1. Acompañar aos nenos e nenas, mozos e mozas dende o punto de vista dun sacerdote.

2. Proporcionar aos nenos/as, mozos/as celebracións ou pequenas experiencias de oración nas que os mesmos e mailos profesores se sintan membros da comunidade cristiá:

  • confesións
  • explicación dos tempos litúrxicos
  • explicación das partes da eucaristía
  • eucaristías
  • celebracións
  • momentos de oración

3. Fomentar o respecto e o agarimo pola fe cristiá, amosando unha imaxe da Igrexa próxima.

    RESPONSABLES:

  1. Ed. Infantil e Ed. Primaria: D. José Iglesias
  2. Ed. Secundaria e Bacharelato: D. José Iglesias.

 

Image

 
Diseño y Mantenimiento Píntega Enxeñería S.L.