Se non queres caldo...3 cunquiñas.
O Departamento de Lingua e Literatura galega organiza por cuarto ano consecutivo a actividade de fomento do galego: SE NON QUERES CALDO...3 CUNQUIÑAS....TODOS OS...
Nesta ocasión o primeiro espectáculo, dos tres que haberá nos meses vindeiros e como anticipo da SEMANA DAS LETRAS GALEGAS de maio leva por título O KARAOKÉ DE MARIA FUMAÇA e será cantado a dúo por catorce alumnos da FORZA GUE, grupo de voluntariado do galego de 2º de bacharelato e todos os alumnos participantes de educación primaria.
O acto será o vindeiro mércores, 20 de febreiro, das 11:00 ás 11:25 h da mañá no Salón de Actos.
O alumnado de primaria terá copias das dúas cancións que se cantarán: Bailaches Carolina e Fun ao Mercado de forma que se familiaricen coa letra e así poidan interactuar cos profesores intervinientes e mais os bachareis.




